lenta e dolorosamente
percibiu o rumor perenne do fútbol
Como unha autómata
case sen querer
cruzou o espazo da sala
colleu a fregona do baño
sen enfrontarse co espello
regresou á cociña
lenta e dolorosamente
como cada xornada
Fregou ben as baldosas
lenta e dolorosamente
o sangue e as bágoas.
Carlos Negro
| |
Manifesto elaborado por alumnas de 4º ESO |
25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Publicado por Convivencia e Mediación en 23:06
25nov
Etiquetas: 25N, malos tratos
Desde o Departamento de Convivencia e Mediación do IES David Buján, denunciamos a agresión e mostramos a nosa solidariedade coas vítimas.
Etiquetas: acoso, LGBT, malos tratos
Etiquetas: LGBT
O pasado luns 30 de
setembro, o alumando de 1º da ESO fixo unha saída de convivencia
para coñecerse, xogar e divertirse. Ao rematar as clases da
mañá, fixeron en primeiro lugar unha andaina polo río e comeron
xunto a el. Xa acabada a dixestión, camiñaron ata o campo de fútbol
Dani Mallo. Alí encontráronse con Zeltia e mais Miriam, as dúas
organizadoras dos xogos, para que as rapazas e rapaces se divertisen.

Valentina De Girolamo
Etiquetas: alumnado, convivencia, coñecéndonos, saída, Tolerancia
Primeira asemblea da Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia
Publicado por Convivencia e Mediación en 04:38
07out
O 5 de outubro tivo lugar na Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Santiago de Compostela a primeira asemblea da Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia: "Por un ensino onde prevalezan os valores democráticos de igualdade, non discriminación e respecto a todas as diversidades sexuais e de xénero, fomentando o empoderamento da nosa mocidade e o noso propio para construir unha sociedade inclusiva e libre na que todas, todos e todes podamos ser e sentir".
Docentes lanzan a rede de apoio LGBT nas escolas galegas (Sermos Galiza, 4/9/2019)
Publicado por convivindo en 20:53
24set
Como
xa sabedes, o pasado mes de febreiro o noso centro gañou o premio
Concepción Arenal convocado pola Deputación da Coruña e dotado con
5.000 euros. Desde a Equipa de Convivencia pensamos que vós tedes
moito que dicir e que decidir e por isto consideramos que debedes ser
vós quen determine en que quere gastar unha parte desta contía.
Animámosvos
a presentar os vosos proxectos de acordo coas seguintes bases:
BASES
PRIMEIRA.–Obxectivo.
O
obxectivo desta convocatoria é dotar economicamente o proxecto
educativo que procure o desenvolvemento de habilidades para
identificar e/ou rexeitar estereotipos sexistas que contribúen a
xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de
esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade
de oportunidades real entre sexos.
A
partida concederase ao mellor proxecto que se pretenda executar no
vindeiro curso e que traballe a prol da consecución da igualdade
entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de
comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de
xénero incorporando de forma transversal a educación en valores
como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, uso
lingua galega etc, a promoción da empatía e educación emocional e
o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.
SEGUNDA.–Participación.
Poderá
participar todo o alumnado que así o desexe, ben de forma individual
ou en grupo e coordinado por un/unha docente que teña destino
definitivo no centro.
TERCEIRA.–Dotación
económica.
O
proxecto gañador contará cunha dotación económica de 1.000 euros
para desenvolvelo no curso 2019-2020.
CUARTA.–Proxectos.
As
candidaturas acompañaranse dun proxecto respectando as seguintes
pautas:
O
proxecto presentarase cos seguintes requisitos de formato:
– Extensión
máxima de 10 páxinas numeradas e redactadas a unha cara, incluíndo
anexos (fotos, presupostos...).
– Presentarase
en tamaño A4 cun espazo interlineal sinxelo e empregando o tipo de
letra Arial a 11 puntos.
– Empregará
a lingua galega e a perspectiva de xénero.
– Os
proxectos presentados deben ser orixinais, non podendo participar
aqueles proxectos xa premiados en calquera convocatoria de similar
natureza.
QUINTA.–Xurado
e criterios de valoración.
Xurado
O
xurado estará composto polos docentes da Equipa de Convivencia.
Así
mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio se o considerar
oportuno.
Criterios
de valoración
Para
a concesión dos premios tomarase como base os seguintes criterios de
valoración:
1.
Proposta do título do proxecto.
Valorarase
a creatividade, orixinalidade e a relación directa do título do
proxecto cos contidos e obxectivos do programa.
2.
Descrición do proxecto.
Valorarase
a claridade da descrición das actividades propostas.
3.
Xustificación do proxecto e detección de necesidades.
Valorarase
a adaptación do proxecto ás necesidades do centro.
4.
Calendario de realización.
Valorarase
o nivel de adecuación entre as actividades previstas e a
temporalidade.
5.
Coordinación, participación, implicación e xestión do proxecto.
Valorarase
a maior participación e implicación dos axentes principais do
proxecto, así como o persoal encargado.
6.
Calidade técnica.
Valorarase
o desenvolvemento de accións educativas innovadoras, que desenvolvan
boas prácticas de accións e medidas que sirvan como modelo e
impulsen outras iniciativas educativas.
Valoraranse
as propostas de atención á diversidade, que primen a inclusión en
todos os ámbitos posíbeis tanto dentro do centro como fóra.
7.
Promoción da lingua galega
A
redacción do proxecto así como todas as actividades desenvolvidas
tanto a nivel escrito como oral deben ter o galego como idioma
vehicular.
SEXTA.–Prazo
e forma de presentación dos traballos.
Prazo:
a admisión de proxectos remata o 31 de maio.
Forma
de presentación: o proxecto educativo entregarase en soporte papel á
coordinadora da Equipa de Convivencia ou en formato dixital ao
correo convivencia@iesdavidbujan.gal
O
pasado venres dezasete de marzo os alumnos de segundo da ESO tivemos
o pracer de visitar a Fundación María José Jove para ver a
exposición “Fronteiras” onde aprendimos moito sobre a situación
actual en Siria e en Grecia.
Para
introducirnos no tema, un mozo chamado Juan explicounos como foi o
comezo de todo o conflito sirio que se remonta non moitos anos atrás.
Tamén explicou como é a vida nun campo de refuxiados en Grecia
contando anéctodas e detalles que el mesmo viviu.
Ao
rematar esta explicación fixemos unha quenda de preguntas na que os
meus compañeiros mais eu tivemos a oportunidade de resolver as
dúbidas que tiñamos sobre os refuxiados sirios. Seguidamente,
puidemos ver unha exposición de arte que incluía dende fotografías
ata cadros ou esculturas nas que se apreciaba o papel fundamental que
teñen os desprazamentos interiores e exteriores na vida dos
artistas.
Cando
a guía nos explicou o significado das obras e ensinou algunhas
feitas por autores de gran embergadura, fixemos unha obra colectiva
que nos permitía dalgún xeito poñernos na pel dun refuxiado e
tamén coñecernos mellor nós mesmos.
O
que máis me gustou da visita foi a charla que nos deu Juan xa que eu
persoalmente me atopaba bastante desinformada de todo o que está a
pasar en Siria e nos campos de refuxiados e aprendín moitas cousas
interesantes.
Elena
Hortas
O
pasado día 27 de marzo, o alumnado de convivencia o centro Aspronaga
(Asociación Pro Persoas con Discapacidad Intelectual de Galicia),
centro no que contribúen a mellorar a calidade de vida as persoas
con necesidade diferentes mediante a prestación de apoios e a
reivindicación dos seus dereitos.
Na
porta dun espectacular edificio modernista recibiunos Rubén, o
director, e levounos a unha sala de reunións para explicarnos cal
era o perfil do alumnado do centro, as expectativas e o
funcionamento.
Por
alí foron pasando grupos de alumnos e alumnas que están a traballar
en proxectos moi interesantes que nos explicaron dunha maneira moi
amena. Mostráronnos os proxectos que están a facer e o que máis me
chamou a atención, foi o de “Impresión diversa” pois fan pezas
coa impresora 3D que serven para facilitar a vida a persoas con
diferentes necesidades. Por exemplo, había un accesorio que servía
para apertar os zapatos sen necesidade de saber atar os amallós; ou
un adaptador factible para escribir.
Despois
das exposicións visitamos as instalacións que compoñen o centro e
sorprendeunos as marabillosas vistas que ha desde a torre.
Polas
opinións recollidas entre o alumnado, podemos afirmar que o pasaron
ben e que foi unha boa e entretida experiencia.
Deixámosvos
ligazóns aos diferentes proxectos que están a levar a cabo por se
queredes botar unha ollada:
Edén
Avecilla Carrera
O IES David Buján de Cambre gaña o premio Concepción Arenal de Secundaria convocado pola Deputación Provincial da Coruña co proxecto educativo "Abrindo portas violetas" que promove a igualdade real entre homes e mulleres e leva a cabo medidas de erradicación da violencia de xénero.
O programa presentado pola Equipa de Convivencia parte da idea simbólica da porta, da apertura a novos espazos para abandonar de vez o privado, o doméstico, a clausura na que se recluíu a muller, atravesar a solaina e asentarse na claridade do público, do aberto. Deste xeito, o proxecto pon en valor, sen renunciar á denuncia, a forza das mulleres e dos seus logros que tantas veces foron silenciados pola sociedade patriarcal. Trátase de traballar en positivo todas as achegas que as mulleres fan a diferentes campos culturais e científicos.
Este recurso ás portas remite a outro proxecto levado a cabo polas Equipas de Dinamización Lingüística e da Biblioteca que propoñen dedicar as aulas do centro a persoas destacadas en diferentes ámbitos, dándolle preferencia este ano, ás mulleres. Por ese motivo e porque se considera que é fundamental a colaboración con outros grupos do centro, o proxecto presentado segue o fío condutor das portas para estruturar tematicamente as actividades propostas. Desta maneira deséñanse as portas simbólicas das Artes Plásticas, da Ciencia e da Saúde, do Deporte, da Música, da Solidariedade e dos Dereitos Humanos, da Empresa Sostíbel, da Literatura, e da Convivencia e as Reivindicacións. A apertura dalgunha delas inaugúrase coa imaxe da homenaxeada na porta e unha charla-coloquio con ela ou con algunha persoa vencellada á súa figura e acompáñase dunha serie de actuacións ligadas á conmemoración de datas sinaladas ben relacionadas coa personalidade anterior, ben con días internacionais recollidos polas Nacións Unidas. Así, co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío, coautoras da unidade didáctica "María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo", abriron a porta da investigadora matemática galega.
A Equipa de Convivencia, composta por cinco profesoras e máis de trinta alumnos e alumnas, leva quince anos traballando a prol da igualdade e da inclusión do alumnado tratando de resolver os conflitos que van xurdindo ao longo do curso propoñendo mediacións ou medidas correctoras alternativas que promovan unha actitude reflexiva e crítica. Neste sentido asinouse un convenio de colaboración co Centro de Maiores de Bribes para que aquel alumnado que é suspendido do dereito á asistencia ao centro debido ás súas actitudes contrarias ás normas de convivencia, poida colaborar nas tarefas diarias. Cómpre destacar que este ambicioso proxecto multidisciplinar non se podería levar a cabo sen contar coa colaboración de todos os departamentos que programan, colaboran e ceden parte do seu tempo para que o alumnado adquira unhas competencias que van máis alén das puramente académicas.
Este premio, dotado con 5000 euros, permitirá levar a cabo nos próximos meses as actividades programadas e seguir equipando a aula de convivencia "Pilar e Xoán" para facela aínda máis práctica e agradábel.
Porta de Rosalía de Castro |
O programa presentado pola Equipa de Convivencia parte da idea simbólica da porta, da apertura a novos espazos para abandonar de vez o privado, o doméstico, a clausura na que se recluíu a muller, atravesar a solaina e asentarse na claridade do público, do aberto. Deste xeito, o proxecto pon en valor, sen renunciar á denuncia, a forza das mulleres e dos seus logros que tantas veces foron silenciados pola sociedade patriarcal. Trátase de traballar en positivo todas as achegas que as mulleres fan a diferentes campos culturais e científicos.
Porta de María Wonenburger |
Este premio, dotado con 5000 euros, permitirá levar a cabo nos próximos meses as actividades programadas e seguir equipando a aula de convivencia "Pilar e Xoán" para facela aínda máis práctica e agradábel.
Etiquetas: 8 de marzo, convivencia, Premio Concepción Arenal
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)