O IES David Buján de Cambre gaña o premio Concepción Arenal de Secundaria convocado pola Deputación Provincial da Coruña co proxecto educativo "Abrindo portas violetas" que promove a igualdade real entre homes e mulleres e leva a cabo medidas de erradicación da violencia de xénero.
O programa presentado pola Equipa de Convivencia parte da idea simbólica da porta, da apertura a novos espazos para abandonar de vez o privado, o doméstico, a clausura na que se recluíu a muller, atravesar a solaina e asentarse na claridade do público, do aberto. Deste xeito, o proxecto pon en valor, sen renunciar á denuncia, a forza das mulleres e dos seus logros que tantas veces foron silenciados pola sociedade patriarcal. Trátase de traballar en positivo todas as achegas que as mulleres fan a diferentes campos culturais e científicos.
Este recurso ás portas remite a outro proxecto levado a cabo polas Equipas de Dinamización Lingüística e da Biblioteca que propoñen dedicar as aulas do centro a persoas destacadas en diferentes ámbitos, dándolle preferencia este ano, ás mulleres. Por ese motivo e porque se considera que é fundamental a colaboración con outros grupos do centro, o proxecto presentado segue o fío condutor das portas para estruturar tematicamente as actividades propostas. Desta maneira deséñanse as portas simbólicas das Artes Plásticas, da Ciencia e da Saúde, do Deporte, da Música, da Solidariedade e dos Dereitos Humanos, da Empresa Sostíbel, da Literatura, e da Convivencia e as Reivindicacións. A apertura dalgunha delas inaugúrase coa imaxe da homenaxeada na porta e unha charla-coloquio con ela ou con algunha persoa vencellada á súa figura e acompáñase dunha serie de actuacións ligadas á conmemoración de datas sinaladas ben relacionadas coa personalidade anterior, ben con días internacionais recollidos polas Nacións Unidas. Así, co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío, coautoras da unidade didáctica "María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo", abriron a porta da investigadora matemática galega.
A Equipa de Convivencia, composta por cinco profesoras e máis de trinta alumnos e alumnas, leva quince anos traballando a prol da igualdade e da inclusión do alumnado tratando de resolver os conflitos que van xurdindo ao longo do curso propoñendo mediacións ou medidas correctoras alternativas que promovan unha actitude reflexiva e crítica. Neste sentido asinouse un convenio de colaboración co Centro de Maiores de Bribes para que aquel alumnado que é suspendido do dereito á asistencia ao centro debido ás súas actitudes contrarias ás normas de convivencia, poida colaborar nas tarefas diarias. Cómpre destacar que este ambicioso proxecto multidisciplinar non se podería levar a cabo sen contar coa colaboración de todos os departamentos que programan, colaboran e ceden parte do seu tempo para que o alumnado adquira unhas competencias que van máis alén das puramente académicas.
Este premio, dotado con 5000 euros, permitirá levar a cabo nos próximos meses as actividades programadas e seguir equipando a aula de convivencia "Pilar e Xoán" para facela aínda máis práctica e agradábel.
Porta de Rosalía de Castro |
O programa presentado pola Equipa de Convivencia parte da idea simbólica da porta, da apertura a novos espazos para abandonar de vez o privado, o doméstico, a clausura na que se recluíu a muller, atravesar a solaina e asentarse na claridade do público, do aberto. Deste xeito, o proxecto pon en valor, sen renunciar á denuncia, a forza das mulleres e dos seus logros que tantas veces foron silenciados pola sociedade patriarcal. Trátase de traballar en positivo todas as achegas que as mulleres fan a diferentes campos culturais e científicos.
Porta de María Wonenburger |
A Equipa de Convivencia, composta por cinco profesoras e máis de trinta alumnos e alumnas, leva quince anos traballando a prol da igualdade e da inclusión do alumnado tratando de resolver os conflitos que van xurdindo ao longo do curso propoñendo mediacións ou medidas correctoras alternativas que promovan unha actitude reflexiva e crítica. Neste sentido asinouse un convenio de colaboración co Centro de Maiores de Bribes para que aquel alumnado que é suspendido do dereito á asistencia ao centro debido ás súas actitudes contrarias ás normas de convivencia, poida colaborar nas tarefas diarias. Cómpre destacar que este ambicioso proxecto multidisciplinar non se podería levar a cabo sen contar coa colaboración de todos os departamentos que programan, colaboran e ceden parte do seu tempo para que o alumnado adquira unhas competencias que van máis alén das puramente académicas.
Este premio, dotado con 5000 euros, permitirá levar a cabo nos próximos meses as actividades programadas e seguir equipando a aula de convivencia "Pilar e Xoán" para facela aínda máis práctica e agradábel.
Déixanos o teu comentario