BRIGADA ECOLÓXICA

Vólvese a activar a Brigada Ecolóxica nos segundos recreos dos venres. Alumando voluntario de 1º e de 3º da ESO xa comezou co seu labor de recollida de lixo e concienciación sobre a conveniencia de ter o espazo escolar limpo e en bo estado. Ademais das motivacións relacionadas coa hixiene, tamén se atopan as ecolóxicas. Moito do refugallo é plástico ou outro tipo de materiais que tardan moito tempo en degradarse. Con esta actividade pretendemos coidar o noso centro e tamén o planeta.





CHARLA "A REALIDADE MIGRANTE" DE ÓSCAR PALLEIRO (ONGs PROEMAID E RODEIRAS XUNTAS POR MARROCOS)

O luns 7 de febreiro tivemos unha charla con Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor en dúas ONGs, Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (92€) no I Mercado Solidario que se organizou desde o Departamento de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º da ESO, e que tamén se encadraba no marco dos 21 Días en galego. O outro 50% do recadado (92€), foi depositado na Secretaría do centro como fondos destinados á excursión de fin de curso de 4º ESO. 
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración neste I Mercado Solidario do IES David Buján.