Mércores 21 de decembro e xoves 22 de decembro esperámosvos no Feirón solidario de Nadal situado ao lado da porta principal do centro. Durante os períodos de lecer, o alumnado organizador de Economía - 4º ESO-B procederán a vender todos os artigos expostos. Non deixedes de visitarnos!
Etiquetas: feirón, mercado solidario, Nadal
Etiquetas: 25N
Invitación a participar na 2ª edición do Feirón solidario - Nadal 2022 -
Publicado por Convivencia e Mediación en 15:02Feirón solidario Nadal 2022 IES David Buján Recollida de artigos: do 1 ao 20 de decembro
|
Etiquetas: feirón, mercado; Nadal
O pasado 26 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o noso clásico Roteiro de Convivencia. O tempo acompañou e fixemos o recorrido pola beira do río Mero ata o campo de fútbol Dani Mallo. Polo camiño paramos a comer un bocata e ao chegar ao campo participamos nos xogos que nos tiñan preparados Zeltia e Álex. Unha tarde moi divertida!
O 30 de abril tiveron lugar os VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva que este ano foron organizados polo IES Afonso X "O Sabio" co nome de "Unha fraga para a diversidade". Pasamos alí toda a xornada do sábado xunto a outros nove centros de toda Galicia. Aprendemos, divertímonos e intercambiamos experiencias grazas ao bo facer do persoal do centro educativo veciño. Ademais, contamos coa presenza de Aitara e Carlota de 1º da ESO e Lucía García de 2º que acompañaron desde o público a exposición sobre o noso equipo que fixeron Javier Martínez e Tayler.
Xornada de formación do profesorado: titoría entre iguais
Publicado por Convivencia e Mediación en 21:12O martes 26 de abril tivo lugar a segunda xornada de formación relacionada con Convivencia. María Nogareda falounos do programa de Titorías Entre Iguais que se está a desenvolver nalgúns centros educativos. Explicou as súas grandes vantaxes e os pasos que deberiamos facer se queremos implantalo. A vindeira xornada, dedicada á Disciplina Positiva, será o 12 de maio.
Etiquetas: titoría entre iguais
Etiquetas: mediación
Charla Arelas: 31 de marzo, Día da Visibilidade Trans
Publicado por Convivencia e Mediación en 18:30Desde o Departamento de Convivencia gustaríanos concienciar o alumnado no respecto ante unha realidade que cada vez atopamos con máis frecuencia. Por iso propoñemos para titorías, mesmo tamén para as gardas de aula para as que non se deixe traballo, a visualización do seguinte material, que pode dar tamén lugar a debate:
Un mundo diversX | Historia de Pablo |
Monólogo dunha rapaza trans | Documentos TV: "El sexo sentido" |
Etiquetas: convivencia, igualdade, LGBT, trans
Vólvese a activar a Brigada Ecolóxica nos segundos recreos dos venres. Alumando voluntario de 1º e de 3º da ESO xa comezou co seu labor de recollida de lixo e concienciación sobre a conveniencia de ter o espazo escolar limpo e en bo estado. Ademais das motivacións relacionadas coa hixiene, tamén se atopan as ecolóxicas. Moito do refugallo é plástico ou outro tipo de materiais que tardan moito tempo en degradarse. Con esta actividade pretendemos coidar o noso centro e tamén o planeta.
Etiquetas: brigada ecolóxica
CHARLA "A REALIDADE MIGRANTE" DE ÓSCAR PALLEIRO (ONGs PROEMAID E RODEIRAS XUNTAS POR MARROCOS)
Publicado por Convivencia e Mediación en 19:02Co fin de liquidar os artigos que quedaron sen vender no Mercado solidario de Nadal, o venres 14 de xaneiro comezamos coas rebaixas. Todo ao 50%!
Etiquetas: mercado solidario