O pasado día 8 de abril, Cristina Palacios, da Asociación Arelas (Asociación de familias de menores trans), impartiu unha charla para o alumando de 4º da ESO sobre diversidade afectiva e de xénero. A charla enmárcase nas actividades para conmemorar o 31 de marzo, Día da Visibilidade Trans, tratado nas titorías a través de material audiovisual.
Desde o Departamento de Convivencia gustaríanos concienciar o alumnado no respecto ante unha realidade que cada vez atopamos con máis frecuencia. Por iso propoñemos para titorías, mesmo tamén para as gardas de aula para as que non se deixe traballo, a visualización do seguinte material, que pode dar tamén lugar a debate:
Un mundo diversX | Historia de Pablo |
Monólogo dunha rapaza trans | Documentos TV: "El sexo sentido" |
Déixanos o teu comentario