Desde a Equipa de Convivencia queremos concienciar ao alumnado sobre as letras machistas presentes nas cancións que escoitan diariamente. Por este motivo escenificamos estas letras con bonecas e bonecos moi coñecidos pera todas e todos.
Etiquetas: cancións machistas, violencia de xénero
O pasado 28 de novembro o alumnado de 4° e mais 1° bacharalato B tivemos unha charla sobre unha realidade dura, da que pouco ou nada se fala. Moitas familias españolas republicanas que tiveron que fuxir de España cara a Francia, acabaron nos campos de concentración nazis. Mauthausen foi o destino de 173 galegos e entre estes deportados estaba o avó de Julia Longuera Seijas testemuño que tivemos o pracer de escoitar xunto coa presidenta da Asociación para a recuperación da memoria histórica de Galicia, Carmen García Rodeja.
Ao final da charla, tivemos brindáronnos a posibilidade de facer preguntas que moi gustosamente responderon.
Por último quero dar as grazas ao instituto por facer actividades tan interesantes para o alumnado.
Edén Avecilla Carrera
Etiquetas: holocausto, Mauthausen, Memoria histórica
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)