Etiquetas: 8 de marzo, alumnado, vídeo
O 14 de febreiro celebramos o día dos namorados dunha forma diferente. Sumámonos á convocatoria internacional One Billion Rising. O alumnado de 3º de ESO bailou contra a violencia machista.
Ademais fixemos unha tradución ao galego do texto orixinal da canción Break the chain, que podedes ver nos subtítulos deste vídeo.
Etiquetas: alumnado, campaña, vídeo, violencia de xénero
O 7 de febreiro visitounos Ramón Molina, coordinador de Arelar Xestión. Veu presentarnos o proxecto da Rede de Centros Solidarios, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Este proxecto, do cal formamos parte, rematará coa elaboración dunha micromovie. Deixamos constancia da nosa participación wiki do proxecto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)