Exposición "Valentes"

Nos últimos quince días estivo exposta no centro a mostra "Valentes" cedida por Amnistía Internacional. A través dela o alumnado da ESO coñeceu as condicións das mulleres en diferentes lugares do mundo, así como algunhas representantes máis destacadas da loita pola igualdade.






VÍDEOCONFERENCIAS DE FADEMUR

Nos arredores do día 8 de marzo desenvolvéronse varias actividades relacionadas co Día da Muller. A Federación de Asociacións de Mulleres rurais de Galicia (Fademur) en colaboración coa Deputación da Coruña, dentro do programa de Promoción de Valores en Igualdade, tivo un encontro co alumnado da ESO. O 15 de marzo tivo lugar o obradoiro "Os mitos do amor romántico e a Violencia de Xénero" no que participou 1º e 2º da ESO, mentres que o 12 de febreiro fíxose o obradoiro "Imaxes, influencers, Pornografía e Violencia de Xénero" para 3º e 4º. Con estas actividades preténdese desde Convivencia, Orientación, Titorías e Vicedirección traballar a prol da igualdade.



Actuacións da "Brigada ecolóxica"

Xa está plenamente activa a Brigada ecolóxica formada por alumnado voluntario. Este grupo encárgase unha vez á semana e durante o recreo de garantizar a limpeza do patio e os arredores do instituto. Ademais, coa súa acción xenerosa contribúen a preservar o medio natural, xa que evitan a presenza de plásticos e outro tipo de envases. Grazas!!!!