Saída de convivencia con 1º ESO


O pasado luns 30 de setembro, o alumando de 1º da ESO fixo unha saída de convivencia para coñecerse, xogar e divertirse. Ao rematar as clases da mañá, fixeron en primeiro lugar unha andaina polo río e comeron xunto a el. Xa acabada a dixestión, camiñaron ata o campo de fútbol Dani Mallo. Alí encontráronse con Zeltia e mais Miriam, as dúas organizadoras dos xogos, para que as rapazas e rapaces se divertisen.

Finalmente agradeceron a compañía das organizadoras, do profesorado e das tres rapazas de 3º da ESO que colaboraron e que forman parte do Equipo de Integración (Candela, Claudia e Valentina). Despois, tocou volta ao centro.
Valentina De Girolamo

Primeira asemblea da Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia

O 5 de outubro tivo lugar na Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Santiago de Compostela a primeira asemblea da Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia: "Por un ensino onde prevalezan os valores democráticos de igualdade, non discriminación e respecto a todas as diversidades sexuais e de xénero, fomentando o empoderamento da nosa mocidade e o noso propio para construir unha sociedade inclusiva e libre na que todas, todos e todes podamos ser e sentir".