Landfill Harmonic en Facebook
O luns 12 de novembro, ás 14:00 h, Sara González de 3º ESO e Fani Fernández de 4º de PDC fomos como membros do grupo de convivencia-mediación cos nenos e nenas de 1º da ESO ao río Mero. Alí comemos e fomos coñecéndonos. Despois fixemos uns xogos en equipo e pasámolo moi ben.
Etiquetas: actividades, alumnado, coñecéndonos
1 de decembro, Día Mundial da Sida.
Materiais para traballar na aula co vídeo O segredo mellor gardadado de Patricia Ferreira, elaborados por Enrédate con UNICEF, comité de Aragón:
- caderno do alumnado
- caderno d@ profe, guía de propostas didácticas.
Campaña mundial contra a Sida (inglés)
VIH/Sida na páxina da Organización Mundial da Saúde (castelán)
Durante 6 sesións, na hora de titoría, o alumnado de 2º de ESO estivo traballando cos monitores da asociación DINAMO nos obradoiros de bo trato. Entre outras actividades participaron nun concurso de guións para facer unha curtametraxe. O guión gañador pertence aos alumnos de 2º ESO B:
- Borja Vázquez Mejuto
- Enrique Prego Calvo
- Rubén Campos Vázquez
Estades todas e todos convidados ao acto de celebración da campaña contra a violencia de xénero que terá lugar no Centro social do Graxal hoxe, luns, ás 20.00 horas. Estes rapaces recollerán o seu galardón e moitos aplausos do público!
ARRIBA O BO TRATO!!!!
Etiquetas: formación, profesorado, TDAH
O xoves 15 de novembro, no salón de actos, vimos e comentamos o vídeo Mediación Escolar realizado polo equipo de mediación do IES Justo Millán de Hellín, Albacete.
Ola, como este venres conmemoramos o día internacional para a tolerancia, a Pilar ocorréuselle buscar unha curtametraxe para refrescar estes temas que xa vimos traballando doutras formas. Despois de buscar foi Pilar a que atopou unha curta superchula, cando a vin pensei que ía da pobreza porque se desenvolve en Senegal.
Non, non vai da pobreza.
Ben, si vai da pobreza.
Podedes poñerlle a curtametraxe, que dura vinte minutos e realizar cos alumnos/as algunha das propostas para a aula que a organización enrédate, de UNICEF, plantexan.
Esperamos que o pasedes ben.
O xoves 25 de outubro, no segundo recreo, reunímonos os membros do grupo de convivencia-mediación para realizar a primeira sesión de formación. Vimos o vídeo do profesor Juan Carlos Torrego que acompaña a esta entrada e falamos sobre as distintas fases da mediación.
Etiquetas: alumnado, formación, profesorado, vídeo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)