O vindeiro día 25
de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Equipo de
Convivencia e Mediación quere lembrar a todas as mulleres vítimas da violencia
de xénero cun xardín vertical a modo de taboleiro homenaxe e para iso
precisamos a axuda das familias. O mércores 21 de novembro as vosas fillas e
fillos deben traer unha pequena flor do xardín ou do campo, cunha frase
significativa dirixida á vítima. Estas frases escribiranse nunhas tarxetiñas
que acompañarán cadansúa flor até encher o “O xardín das sempre vivas”.
Moitas grazas
Etiquetas: 25N, sempre vivas, xardín
O EDL do IES David Buján, en colaboración co Equipo de Convivencia e o Departamento de Lingua Galega convocan o II Concurso de Nubes de Palabras relacionadas con tema da violencia de xénero.
Poderán particpar todos @s alumn@s do centro e con todos os traballos que queiran. As obras entregaranse no departamento de Lingua Galega, en Convivencia ou na conserxaría do centro antes do 30 de novembro. Deberá figurar nun lugar visible o nome do autor, curso e grupo.
Se non sabes facer unha nube de palabras podes visionar este titorial feito polo EDL
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Convivencia, a Biblioteca e o Departamento da Lingua Galega, convoca o VIII Concurso de Microrrelatos co obxectivo de sensibilizar contra a violencia de xénero mediante a elaboración e a lectura de narracións, buscando fortalecer os valores de respecto e igualdade.
PARTICIPA !!
Podes consultar as bases no blog de Dinamización Lingüística do IES David Buján
Etiquetas: 25N, concursos, dinamización
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)