Charlas da Asociación Arelas

Cristina Palacios, da Asociación Arelas (Asociación de familias de menores Trans), está a impartir neste mes de maio unhas charlas sobre diversidade afectivo-sexual e principais formas de LGTBIfóbia para o alumnado de 2º da ESO, nas tardes do luns. Xa tiveron a oportunidade de escoitala os grupos 2º C e 2º A. O vindeiro luns tócalle a 2º B.






OBRADOIRO DE MÚSICA HEAVY

Os venres temos obradoiro de música Heavy a cargo de Javier Martínez, de 2º C da ESO, na Aula de Convivencia. Grazas a que é todo un especialista no tema, repasamos as orixes, os xéneros, grupos, características e mesmo anécdotas moi divertidas.







 PÁXINA WEB DA REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTQI+ DE GALICIA

Despois dun ano de vida, a Rede Educativa de Apoio LGBTQI+ de Galicia, da que tamén formamos parte, xa ten páxina web. Un paso máis cara a igualdade, dentro dos centros de ensino, pero tamén fóra.


Charla sobre acoso escolar

Ari Díaz, alumna de 1º de Bacharelato, deu unhas charlas nas aulas de 2º da ESO sobre o acoso escolar e sobre a posibilidade de afrontar a situación pedindo axuda no centro. Tanto a presentación dixital, como a xenerosidade coa que Ari compartiu a súa experiencia e o ben que se expresou, sen dúbida servirá de moito. Grazas!





Obradoiro de cubo de rubik

Todos os xoves no recreo, Sofía Díaz de 3ºC encárgase de levar o obradoiro de cubos de rubik na Aula de Convivencia, pensado principalmente para o alumnado de 1º de ESO. Co seu bo facer e ilusión xa estamos avanzando moito.