Cancións machistas


Desde a Equipa de Convivencia queremos concienciar ao alumnado sobre as letras machistas presentes nas cancións que escoitan diariamente. Por este motivo escenificamos estas letras con bonecas e bonecos moi coñecidos pera todas e todos.



"Boix. Fotógrafo de Mauthausen"



O pasado 28 de novembro o alumnado de 4° e mais 1° bacharalato B tivemos unha charla sobre unha realidade dura, da que pouco ou nada se fala. Moitas familias españolas republicanas que tiveron que fuxir de España cara a Francia, acabaron nos campos de concentración nazis. Mauthausen foi o destino de 173 galegos e entre estes deportados estaba o avó de Julia Longuera Seijas testemuño que tivemos o pracer de escoitar  xunto coa presidenta da Asociación para a recuperación da memoria histórica de Galicia, Carmen García Rodeja.  
Ao final da charla, tivemos brindáronnos a posibilidade de facer preguntas que moi gustosamente responderon.

Por último quero dar as grazas ao instituto por facer actividades tan interesantes para o alumnado.

Edén Avecilla Carrera

O xardín das sempre vivas


O vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Equipo de Convivencia e Mediación quere lembrar a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero cun xardín vertical a modo de taboleiro homenaxe e para iso precisamos a axuda das familias. O mércores 21 de novembro as vosas fillas e fillos deben traer unha pequena flor do xardín ou do campo, cunha frase significativa dirixida á vítima. Estas frases escribiranse nunhas tarxetiñas que acompañarán cadansúa flor até encher o  “O xardín das sempre vivas”.
Moitas grazas

II Concurso Nubes de palabras

O EDL do IES David Buján, en colaboración co Equipo de Convivencia e o  Departamento de Lingua Galega convocan  o II Concurso de Nubes de Palabras relacionadas con tema da violencia de xénero.

Poderán particpar todos @s alumn@s do centro e  con todos  os  traballos que  queiran.  As obras entregaranse  no departamento de Lingua Galega,  en Convivencia ou na conserxaría do centro  antes do 30 de novembro. Deberá figurar nun lugar  visible o nome do autor, curso e grupo.


Se non sabes facer unha nube de palabras podes visionar este titorial feito polo EDL 

Concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración  co Equipo de Convivencia, a Biblioteca e o Departamento da Lingua Galega, convoca o VIII Concurso de  Microrrelatos  co obxectivo de sensibilizar contra a violencia de xénero  mediante a elaboración e a lectura de narracións, buscando fortalecer os valores de respecto e igualdade.
 PARTICIPA !!
Podes consultar as bases no blog de Dinamización Lingüística do IES David Buján

Tarde de convivencia para 1º da ESO



O pasado luns, 5 de outubro, aproveitando os últimos días de calor, o alumnado de 1º ESO puidemos gozar dun paseo até o campo de fútbol Dani Mallo para compartir unha tarde de convivencia e coñecernos un pouco mellor.
A marcha demorouse un pouco porque moitos tiñamos que recoller o bocata de tortilla de Aurora, e despois de facer acopio de provisións comezamos a andar, acompañados por Lorena, Paco, Rebeca, Irene e Vanessa. Xa nas bancadas do campo, demos boa conta da comida e despois de deixar todo ben limpiño, fixemos actividades en grupo coordinadas por Sandra e Luís, monitores da OMIX, que tiveron moita paciencia e conseguiron que pasaramos un boa tarde de xogos.