O próximo luns 20 de decembro ás 10:10h. terá lugar a apertura do Mercado Solidario de Nadal 2021. Esperámosvos!
(Atención: segue aberto o prazo de entrega de artigos)
Convivencia e Mediación no IES David Buján de Cambre
O próximo luns 20 de decembro ás 10:10h. terá lugar a apertura do Mercado Solidario de Nadal 2021. Esperámosvos!
(Atención: segue aberto o prazo de entrega de artigos)
Etiquetas: mercado; Nadal
Desde hai un mes comezamos de novo co obradoiro de cubo de Rubik, a cargo de Sofía, de 4º da ESO. Repetimos experiencia despois de comprobar o ano pasado o bo facer de Sofía como profesora.
Mercado solidario Nadal 2021 IES David Buján Recollida de artigos: do 9 ao 15 de decembro
|
Etiquetas: mercado; Nadal
A semana pasada sumámonos aos actos relacionados co 25N, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. As rapazas de 3º B da ESO leron un manifesto no segundo recreo onde se denunciaban algunhas das violencias sufridas. Por outra banda, os corredores do centro volvéronse tinguir de negro para apoiar o rexeitamento do machismo. Ese mesmo día proxectouse o resultado final do "Reto Manequín", proxecto impulsado polo Equipo de Dinamización da Lingua coa colaboración de Convivencia. Aquí podedes ver o resultado (https://www.edu.xunta.gal/
O pasado 18 de outubro tivo lugar a última saída de convivencia pola beira do río Mero. Neste caso tocoulle a quenda a 1º da ESO C que desfrutou da andaina e dos xogos que organizou Zeltia no campo de fútbol Dani Mallo.
Etiquetas: actividades, convivencia, excursión, saída
Etiquetas: actividades, convivencia
O 28 de xuño, Día do orgullo LGBTI, representantes da Asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+, da que persoal docente do IES David Buján forma parte, recolleu o premio Arcoíris que concede o Ministerio de Igualdade. Desta maneira recoñécese o labor pioneiro que se está a levar en Galicia en prol da igualdade, para evitar que se produza ningún tipo de discriminación.
Etiquetas: convivencia, diversidade, igualdade, LGBT
Ari, de 1º de Bacharelato, rematou a quenda das charlas para o alumnado de 1º da ESO sobre acoso escolar. Con éxito, profesionalidade e o sentimento sincero desde o que fala sempre.
Etiquetas: acoso
Cristina Palacios, da Asociación Arelas (Asociación de familias de menores Trans), está a impartir neste mes de maio unhas charlas sobre diversidade afectivo-sexual e principais formas de LGTBIfóbia para o alumnado de 2º da ESO, nas tardes do luns. Xa tiveron a oportunidade de escoitala os grupos 2º C e 2º A. O vindeiro luns tócalle a 2º B.
Os venres temos obradoiro de música Heavy a cargo de Javier Martínez, de 2º C da ESO, na Aula de Convivencia. Grazas a que é todo un especialista no tema, repasamos as orixes, os xéneros, grupos, características e mesmo anécdotas moi divertidas.
Etiquetas: actividades, alumnado, convivencia, heavy, inclusión, música
PÁXINA WEB DA REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTQI+ DE GALICIA
Ari Díaz, alumna de 1º de Bacharelato, deu unhas charlas nas aulas de 2º da ESO sobre o acoso escolar e sobre a posibilidade de afrontar a situación pedindo axuda no centro. Tanto a presentación dixital, como a xenerosidade coa que Ari compartiu a súa experiencia e o ben que se expresou, sen dúbida servirá de moito. Grazas!
Etiquetas: acoso, convivencia
Todos os xoves no recreo, Sofía Díaz de 3ºC encárgase de levar o obradoiro de cubos de rubik na Aula de Convivencia, pensado principalmente para o alumnado de 1º de ESO. Co seu bo facer e ilusión xa estamos avanzando moito.
Etiquetas: convivencia, rubik
A semana pasada tivemos unha sorpresa marabillosa. Pilar Tobar tróuxonos un montón de bombóns recheos de cariño. Grazas polo detalle e polos sabores que nos regalaches.
Copyright © 2007 - con-vivindo - Usando Blogger
Illacrimo - Deseño de Design Disease
- A blogger por Blog and Web