O alumnado de 3º de PMAR, coordinado polas profesoras dos ámbitos científico e sociolingüístico, fixo un estudo das tarefas domésticas realizadas por todo o alumnado do centro. Levaron a cabo dúas enquisas, coa colaboración dos departamentos de Relixión, Filosofía e Orientación (a través do Plan de Acción Titorial). Na primeira (en outubro, con motivo do Día Internacional das Rapazas) describíanse os labores desenvolvidos ao longo da semana; na última, en maio, despois de estudaren estatística, pasaron un cuestionario na ESO.
Despois de analizar esta enquisa cuantitativa non se observan moitas diferenzas entre rapazas e rapaces. Porén ao estudar o inquérito cualitativo, o primeiro, constátase que as mulleres realizan as tarefas máis complexas, como p. ex. pasar o ferro; tamén se encargan de traballos para toda a familia, como cociñar, fregar os baños ou limpar a casa; nalgún caso, incluso, colaboran nos negocios familiares como dependentas.
Etiquetas: actividades, alumnado, enquisa, PMAR
Os días1 e 2 de xuño, Manuel Villar Barreiro e mais eu, Yanira Gabarri Fernández, de 3ª da ESO, fomos a unha xuntanza a Viana do Bolo, con dezaseis institutos de Galicia, en representación do Grupo de Convivencia e Mediación do noso centro. Fomos acompañados pola directora e a coordinadora deste grupo. O venres chegamos alí sobre as 15:00, cando os demais xa estaban xantando. Como non había sitio para nós, tivémonos que sentar na mesa dos profesores e profesoras. Despois de comer fomos ao IES Carlos Casares, onde fixemos varias actividades: en primeiro lugar propuxéronnos varios temas de debate, todos arredor do uso do móbil e as redes sociais. O sábado fixemos unha excursión á morena glaciar de Chaugazoso. Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora, e sobre todo moi recomendable.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)