O luns 15 de maio visitounos por 2º ano Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor nas dúas ONGs coas que xa colaboraba o ano pasado: Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos e tamén da súa nova colaboración en Turquía con Acción Norte. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, os desastres naturais e a pobreza, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (101,25€) na 2ª edición do Feirón Solidario de Nadal que se organizou desde os Departamentos de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º ESO-B. A dito donativo, sumouse a cantidade de 11,70€ doados pola familia dunha alumna. Total: 112,95€.
Entrega do donativo correspondente aos ingresos do II Feirón Solidario de Nadal
Publicado por Convivencia e Mediación en 18:29Etiquetas: alumnado, donativo, familias, ONG, voluntariado
Etiquetas: alumnado, día da paz, familias
Mércores 21 de decembro e xoves 22 de decembro esperámosvos no Feirón solidario de Nadal situado ao lado da porta principal do centro. Durante os períodos de lecer, o alumnado organizador de Economía - 4º ESO-B procederán a vender todos os artigos expostos. Non deixedes de visitarnos!
Etiquetas: alumnado, familias, feirón, mercado solidario, Nadal, voluntariado
Xornada de formación do profesorado: titoría entre iguais
Publicado por Convivencia e Mediación en 21:12O martes 26 de abril tivo lugar a segunda xornada de formación relacionada con Convivencia. María Nogareda falounos do programa de Titorías Entre Iguais que se está a desenvolver nalgúns centros educativos. Explicou as súas grandes vantaxes e os pasos que deberiamos facer se queremos implantalo. A vindeira xornada, dedicada á Disciplina Positiva, será o 12 de maio.
Etiquetas: familias, titoría entre iguais
Charla Arelas: 31 de marzo, Día da Visibilidade Trans
Publicado por Convivencia e Mediación en 18:30Desde o Departamento de Convivencia gustaríanos concienciar o alumnado no respecto ante unha realidade que cada vez atopamos con máis frecuencia. Por iso propoñemos para titorías, mesmo tamén para as gardas de aula para as que non se deixe traballo, a visualización do seguinte material, que pode dar tamén lugar a debate:
Un mundo diversX | Historia de Pablo |
Monólogo dunha rapaza trans | Documentos TV: "El sexo sentido" |
Curtametraxe francesa na que se mostra un mundo onde os home son mulleres.
Etiquetas: 8 de marzo, alumnado, familias, profesorado, vídeo
Etiquetas: alumnado, familias, profesorado
Etiquetas: alumnado, día da paz, familias, profesorado, vídeo
Créditos:
O texto desta guía sobre malos tratos na escola é unha tradución de I tu, què hi pots fer? Maltractament entre iguals: viure i conviure a l' ESO de Jordi Collell e Carme Escudé.
Xulia Vicente, alumna de 1º de Bacharelato no curso 2009-2010, é autora do cómic que ilustra a guía.
As imaxes están tomadas de Flickr con licenza CretiveCommons.
A maquetación correu a cargo de Silvia Fernández Álvarez, xefa do Departamento de Debuxo.
Desde a barra lateral, en Materiais, podes descargar a guía en formato .pdf
Etiquetas: alumnado, familias, malos tratos, materiais
Ver Equipos de Orientación Específicos nun mapa máis grande
Un servizo de orientación externo aos centros educativos. Este servizo ten unha composición profesional que pretende dar resposta ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos psicopedagóxicos específicos e a cuestións sociais ou mesmo familiares que teñen incidencia no ámbito educativo.
Etiquetas: familias, Orientación, profesorado

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)












