Brigada ecolóxica

Xa hai varias semanas que se puxo en marcha a brigada ecolóxica do curso 2023 - 2024. Todos os mércores, no segundo recreo, estudantes e profesores voluntarios, coordinados polo equipo de Convivencia, póñense os EPI e collen os útiles que lles permiten manter o recinto escolar máis limpo.

As terefas que se realizan non son só de limpeza, tamén se levan a cabo operacións como eliminar malas herbas e, moi importante, concienciar e divulgar entre a comunidade educativa os beneficios de conservar o contorno ben limpo e axeitado.
O noso agradecemento para todas as persoas implicadas nesta actividade.

Déixanos o teu comentario