Encontro con Moncho do Orzán sobre "Descolonização digital"




Ramón Palleiro Rodríguez, Moncho do Orzán, licenciado en Telecomunicacións, á parte de músico, ensaísta e divulgador, impartiu en streaming unha palestra co título "Descolonização digital". Nela convidábase a reflexionar sobre os retos que nos propoñen as novas tecnoloxías, tanto no que se refire ao medioambiente, a seguridade, á construción das identidades colectivas e persoais, ás desigualdades económicas ou ao control da información. O encontro encádrase dentro da programación de Filosofía de 1º e 2º de Bacharelato, en colaboración con Convivencia e o Equipo de Dinaimización da Lingua.