Xa está plenamente activa a Brigada ecolóxica formada por alumnado voluntario. Este grupo encárgase unha vez á semana e durante o recreo de garantizar a limpeza do patio e os arredores do instituto. Ademais, coa súa acción xenerosa contribúen a preservar o medio natural, xa que evitan a presenza de plásticos e outro tipo de envases. Grazas!!!!
Etiquetas: convivencia
Encontro con Moncho do Orzán sobre "Descolonização digital"
Publicado por Convivencia e Mediación en 22:27Ramón Palleiro Rodríguez, Moncho do Orzán, licenciado en Telecomunicacións, á parte de músico, ensaísta e divulgador, impartiu en streaming unha palestra co título "Descolonização digital". Nela convidábase a reflexionar sobre os retos que nos propoñen as novas tecnoloxías, tanto no que se refire ao medioambiente, a seguridade, á construción das identidades colectivas e persoais, ás desigualdades económicas ou ao control da información. O encontro encádrase dentro da programación de Filosofía de 1º e 2º de Bacharelato, en colaboración con Convivencia e o Equipo de Dinaimización da Lingua.
O MUNDO MÁXICO DE ANTÓN NO ÚLTIMO VÍDEO DOS RESENTIDOS
Publicado por Convivencia e Mediación en 21:39O grupo vigués Os Resentidos volve sacar traballo musical. O primeiro videoclip, "Nautilus", conta cunha estupenda sorpresa. As ilustracións están feitas por Antón Romero, o artista de catorce anos do que tivemos ata hai pouco no centro a exposición "O mundo máxico de Antón". Os debuxos de Antón recrean o universo mariño que lle suxire o Nautilus, o submarino que aparece na obra de Julio Verne Vinte mil leguas baixo dos mares. Tal e como figura na novela, o Nautilus estivo pola ría de Vigo. Velaquí tedes a canción e os debuxos hipnóticos de Antón:
Etiquetas: alumnado
Etiquetas: actividades, alumnado, reciclaxe
CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E DEBUXO ARTÍSTICO SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL
Publicado por Convivencia e Mediación en 23:25A asociación ARELAS convoca a primeira edición cun concurso de ilustración e debuxo sobre a diversidade sexual, de familias e contra a LGBT-fobia. Entre todXs iremos facendo un camiño máis xusto e máis libre, ilustrado coas estampas da igualdade. Aquí tedes toda a información. Animádevos a participar!
Etiquetas: LGBT
No final do trimestre estivo exposta no centro a mostra "O mundo máxico de Antón". Para alén de gozar dos deseños, imaxinativos, coloridos e dinámicos, traballouse o contido da diversidade, en xeral, e do TEA, en particular, nas aulas de 1º e 2º da ESO. O alumnado coñeceu mellor a Antón e escribiulle cartas que lle serán entregadas en breve. Aquí vos queda unha canción de Pablo Díaz que ten como protagonista a Antón, fotos da mostra e unha ligazón que permitirá achegarnos máis ao seu mundo máxico.
Máis sobre o mundo máxico de Antón nesta ligazón
Etiquetas: alumnado
Etiquetas: 25N