Visita ao IES Fin do Camiño de Fisterra


Déixovos esta visita ao IES Fin do Camiño de Fisterra, que ben o pasan...dáme envexa.

Pasaporte Solidario



Acabamos de enviar a Santiago os nosos Pasaportes solidarios. Temos que agradecerlle a Cristóbal Ramírez, xornalista e impulsor desta iniciativa, a súa colaboración e amabilidade.
Gustounos moito participar nesta proposta da Consellería de Traballo e Benestar.  Permitiunos recoller diversas actividades solidarias nun documento cunha presentación moi coidada e, o que é máis importante, cun obxectivo fundamental neste tempo que vivimos: promover a solidariedade e o compromiso social.
Parabéns a todas as persoas participantes!

CIBERACOSO

E grazas a Marta Diz e o seu blog, isto sobre o ciberacoso:




E un artigo sobre acoso entre iguais e ciberacoso, na revista Convives:


Recursos humanos

Bailas?


O 14 de febreiro celebramos o día dos namorados dunha forma diferente. Sumámonos á convocatoria internacional One Billion Rising. O alumnado de 3º de ESO bailou contra a violencia machista.
Ademais fixemos unha tradución ao galego do texto orixinal da canción Break the chain, que podedes ver nos subtítulos deste vídeo.

Rede de Centros Solidarios


O 7 de febreiro visitounos Ramón Molina, coordinador de Arelar Xestión. Veu presentarnos o proxecto da Rede de Centros Solidarios, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Este proxecto, do cal formamos parte, rematará coa elaboración dunha micromovie. Deixamos constancia da nosa participación wiki do proxecto.

Baila contra a violencia machista


O próximo 14 de febreiro as parlamentarias europeas propoñen que protestemos contra a vilolencia machista bailando esta coreografía.

Para participar:
  • Aprende a canción e a coreografía.
  • Difunde a iniciativa por correo electrónico e nas redes sociais.
  • Realiza ensaios con amigas e amigos , familiares, compas...

Máis información sobre o evento.

Vídeos pola paz

Javier Zas (3º B) propón que escoitemos con atención este rap
 

CHARLA O VENRES CON JUAN VAELLO ORTS




O venres 1 de febreiro ven Juan Vaello Orts ao noso instituto. Estará de 16:00 ás 19:00 horas, charlando cos que queiran acudir  sobre cousiñas que nos sexan de utilidade para xestionar as aulas.

Esta é unha foto quizá de fai un tempo.
 
Juan Vaello creo que na actualidade está xubilado, foi orientador, profesor de psicoloxía na universidade, director dun IES de Benidorm, inspector de educación e escritor.


Publicou libros que xa son moi famosos, teremos que pedirlle un autógrafo.
 

Se queremos, PODEMOS!

30 de xaneiro, día da paz