O venres 1 de febreiro ven Juan Vaello Orts ao noso instituto. Estará
de 16:00 ás 19:00 horas, charlando cos que queiran acudir sobre cousiñas que nos sexan de utilidade
para xestionar as aulas.
Esta é unha foto quizá de fai un tempo.
Juan Vaello creo que na actualidade está xubilado, foi orientador,
profesor de psicoloxía na universidade, director dun IES de Benidorm, inspector
de educación e escritor.
Publicou libros que xa son moi famosos, teremos que pedirlle un autógrafo.













Déixanos o teu comentario