BO TRATO NO DAVID BUJÁN

Durante 6 sesións, na hora de titoría, o alumnado de 2º de ESO estivo traballando cos monitores da asociación DINAMO nos obradoiros de bo trato. Entre outras actividades participaron nun concurso de guións para facer unha curtametraxe. O guión gañador pertence aos alumnos de 2º ESO B:
  • Borja Vázquez Mejuto
  • Enrique Prego Calvo
  • Rubén Campos Vázquez

Estades todas e todos convidados ao acto de celebración da campaña contra a violencia de xénero que terá lugar no Centro social do Graxal hoxe, luns, ás 20.00 horas. Estes rapaces recollerán o seu galardón e moitos aplausos do público! 
ARRIBA O BO TRATO!!!!

Déixanos o teu comentario