Exposición "Fronteiras"



O pasado venres dezasete de marzo os alumnos de segundo da ESO tivemos o pracer de visitar a Fundación María José Jove para ver a exposición “Fronteiras” onde aprendimos moito sobre a situación actual en Siria e en Grecia.

Para introducirnos no tema, un mozo chamado Juan explicounos como foi o comezo de todo o conflito sirio que se remonta non moitos anos atrás. Tamén explicou como é a vida nun campo de refuxiados en Grecia contando anéctodas e detalles que el mesmo viviu.

Ao rematar esta explicación fixemos unha quenda de preguntas na que os meus compañeiros mais eu tivemos a oportunidade de resolver as dúbidas que tiñamos sobre os refuxiados sirios. Seguidamente, puidemos ver unha exposición de arte que incluía dende fotografías ata cadros ou esculturas nas que se apreciaba o papel fundamental que teñen os desprazamentos interiores e exteriores na vida dos artistas.

Cando a guía nos explicou o significado das obras e ensinou algunhas feitas por autores de gran embergadura, fixemos unha obra colectiva que nos permitía dalgún xeito poñernos na pel dun refuxiado e tamén coñecernos mellor nós mesmos.

O que máis me gustou da visita foi a charla que nos deu Juan xa que eu persoalmente me atopaba bastante desinformada de todo o que está a pasar en Siria e nos campos de refuxiados e aprendín moitas cousas interesantes.
Elena Hortas

Déixanos o teu comentario