Desde o pasado 19 de maio nos corredores do instituto tivemos dúas exposicións contra a discriminación, concienciándonos a todos a respecto da realidade social. Da que eu vos vou falar agora será da parte en contra do machismo.
Podemos observar nas paredes colgados un total de oito carteis cos xeitos máis típicos do micromachismo e pequenos exemplos que os definen. Palabras como "sextorsión" xa non serán un vocablo inintelixible para os alumnos e alumnas do noso centro con este novo paso cara a concienciación e o rexeitamento pasivo e activo destas condutas coas que vén cargando a nosa sociedade desde hai demasiado tempo.
@BretoGloria
Etiquetas: actividades, alumnado, exposición
Desde a semana do 17 de maio, Día Internacional contra a LGBTfobia, na entrada do instituto púxose unha exposición realizada por alumnado do centro sobre algunhas das máis famosas mulleres lesbianas, en sinal de visibilización e apoio para a obtención dos dereitos deste colectivo.
Etiquetas: actividades, alumnado, campaña
Etiquetas: acoso, alumnado, Orientación, vídeo
O venres 24 de marzo o alumnado de 1º bacharelato de Música e mais algúns alumnos e alumnas do grupo de Convivenciaforon a unha conferencia no Palexco sobre "O que de verdade importa".
Áo chegar fomos degustar os bocadillos riquísimos de Aurora, a nosa cociñeira do centro. Ás 13·20 entramos á sala onde nos ía contar unha rapaza mexicana a súa vida; chámabase Adriana Macías. A súa vida era espectacular, porque a pesar de que non tiña brazos tiña unha vitalidade brutal. Sen ter brazos podía facer de todo: peitearse, cociñar, comer, coidar da súa filla, etc. Preguntarédesvos como fai todo iso, non? Pois moi sinxelo, cos pés.
Saco unha conclusión: con pouco que teñas, podes saír adiante cunha actitude positiva. Eu fun unha privilexiada por poder vivir esa experiencia. A min, persoalmente, pareceume moi asombroso a vitalidade que tiña Adriana para afrontar todo o que lle viña por diante. Creo que escoitala vaime axudar moito tanto no presente coma no futuro.

Etiquetas: alumnado
Hoxe, dentro do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade, participamos nun obradoiro sobre o uso seguro e saudábel da tecnoloxía. Entre outros moitos temas tivemos a oportunidade de participar na presentación da nova campaña de @PantallasAmigas sobre violencia de xénero dixital.
Engadimos o blog de Pantallas Amigas ao noso blogroll.
Etiquetas: alumnado, campaña, vídeo, violencia de xénero
Etiquetas: alumnado, campaña, violencia de xénero
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)