Xa hai varias semanas que se puxo en marcha a brigada ecolóxica do curso 2023 - 2024. Todos os mércores, no segundo recreo, estudantes e profesores voluntarios, coordinados polo equipo de Convivencia, póñense os EPI e collen os útiles que lles permiten manter o recinto escolar máis limpo.
Etiquetas: brigada ecolóxica
Para completar as actividades do día Internacional das Persoas con Discapacidade o luns día 4 o equipo docente quiso trocar a mirada sobre a Discapacidade, apartando o Dis, e proclamando que "Todas as persoas temos capacidades diferentes".
Etiquetas: discapacidade
O domingo 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Celebrámolo colaborando coa iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" de @galiciadiversa (entidades sociais de toda Galicia unidas para celebrar este día cun paraugas colorido como sinal de identidade).
Etiquetas: diversidade
A nosa Aula de Convivencia volve a estar a pleno rendemento!
Publicado por Convivencia e Mediación en 22:55Invitámosvos a que veñades nos recreos a entretervos con distintos xogos e actividades. Algúns son de cursos pasados (o xadrez ou cubos de rubik) e outros son novos ("unno", “jenga”, “cortex”, “hundir la flota”, “scrabble”, “tabú”…) Tamén podedes colorear mandalas, tocar a guitarra, ler tranquilamente ou simplemente charlar cos compañeiros, compañeiras e profes. Pronto empezarán os recreos dinámicos con novas actividades. Vémonos alí!
Etiquetas: actividades, alumnado, convivencia
O pasado 25 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o tradicional Roteiro de Convivencia que lles dá a benvida ao David Buján. Fixemos unha pequena ruta polo río Mero e despois de comer os rapaces e rapazas participaron nuns divertidos xogos que lles tiñan preparados os monitores no campo de fútbol Dani Mallo. Unha tarde para convivir e divertirse!
Etiquetas: convivencia, coñecéndonos
Entrega do donativo correspondente aos ingresos do II Feirón Solidario de Nadal
Publicado por Convivencia e Mediación en 18:29O luns 15 de maio visitounos por 2º ano Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor nas dúas ONGs coas que xa colaboraba o ano pasado: Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos e tamén da súa nova colaboración en Turquía con Acción Norte. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, os desastres naturais e a pobreza, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (101,25€) na 2ª edición do Feirón Solidario de Nadal que se organizou desde os Departamentos de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º ESO-B. A dito donativo, sumouse a cantidade de 11,70€ doados pola familia dunha alumna. Total: 112,95€.
Etiquetas: alumnado, donativo, familias, ONG, voluntariado
O Departamento de Convivencia e Mediación continúa coas súas actividades durante este último trimestre. Seguimos cos talleres de xadrez e de cubo de rubik. Temos novos cubos con diferentes formas e que son máis desafiantes! Retámosvos a que veñades á aula de convivencia a intentar resolvelos!
Etiquetas: alumnado, convivencia, origami, rubik, xadrez
Hai unhas semanas retomamos os recreos dinámicos na Aula de Convivencia. Neste momento estanse a realizar un obradoiro de cubo de Rubik (impartido polos alumnos Sofía Díaz e N. Jeremy Riveira) e un obradoiro de xadrez (impartido polo profesor de tecnoloxía Jesús Alcaide). Proximamente comenzaremos co obradoiro de origami que impartirá o alumno Nicolás Martínez. Aquí tedes unhas fotos dos obradoiros. A divertirse!
A semana pasada empezou a funcionar de novo a Brigada Ecolóxica. Alumnado voluntario de 3º e 4º ESO prestouse a axudar a manter os arredores do centro limpo. Esta actividade repetirase varias veces ao longo do curso para concienciar a todo o alumnado da importancia de manter o noso centro e o noso medio coidado e libre de lixo.
Etiquetas: alumnado, brigada ecolóxica, voluntariado
Etiquetas: alumnado, día da paz, familias
Mércores 21 de decembro e xoves 22 de decembro esperámosvos no Feirón solidario de Nadal situado ao lado da porta principal do centro. Durante os períodos de lecer, o alumnado organizador de Economía - 4º ESO-B procederán a vender todos os artigos expostos. Non deixedes de visitarnos!
Etiquetas: alumnado, familias, feirón, mercado solidario, Nadal, voluntariado
Invitación a participar na 2ª edición do Feirón solidario - Nadal 2022 -
Publicado por Convivencia e Mediación en 15:02Feirón solidario Nadal 2022 IES David Buján Recollida de artigos: do 1 ao 20 de decembro
|
Etiquetas: feirón, mercado; Nadal
O pasado 26 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o noso clásico Roteiro de Convivencia. O tempo acompañou e fixemos o recorrido pola beira do río Mero ata o campo de fútbol Dani Mallo. Polo camiño paramos a comer un bocata e ao chegar ao campo participamos nos xogos que nos tiñan preparados Zeltia e Álex. Unha tarde moi divertida!
Etiquetas: alumnado
O 30 de abril tiveron lugar os VIII Encontros Galegos de Convivencia Positiva que este ano foron organizados polo IES Afonso X "O Sabio" co nome de "Unha fraga para a diversidade". Pasamos alí toda a xornada do sábado xunto a outros nove centros de toda Galicia. Aprendemos, divertímonos e intercambiamos experiencias grazas ao bo facer do persoal do centro educativo veciño. Ademais, contamos coa presenza de Aitara e Carlota de 1º da ESO e Lucía García de 2º que acompañaron desde o público a exposición sobre o noso equipo que fixeron Javier Martínez e Tayler.
Etiquetas: alumnado
Xornada de formación do profesorado: titoría entre iguais
Publicado por Convivencia e Mediación en 21:12O martes 26 de abril tivo lugar a segunda xornada de formación relacionada con Convivencia. María Nogareda falounos do programa de Titorías Entre Iguais que se está a desenvolver nalgúns centros educativos. Explicou as súas grandes vantaxes e os pasos que deberiamos facer se queremos implantalo. A vindeira xornada, dedicada á Disciplina Positiva, será o 12 de maio.
Etiquetas: familias, titoría entre iguais
Etiquetas: mediación




































.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)








