O Departamento de Convivencia e Mediación continúa coas súas actividades durante este último trimestre. Seguimos cos talleres de xadrez e de cubo de rubik. Temos novos cubos con diferentes formas e que son máis desafiantes! Retámosvos a que veñades á aula de convivencia a intentar resolvelos!
Tamén temos unha novidade: un taller de origami no primeiro recreo dos venres que organiza Nicolás Martínez de 1º ESO. Grazas Nico por axudarnos a facer figuras tan fermosas !
Non olvidemos que tamén segue adiante a Brigada Ecolóxica. Hai que coidar o contorno do noso instituto. É labor de todo@s.
Animádevos a participar nestas actividades nos recreos!
Déixanos o teu comentario