O pasado 18 de outubro tivo lugar a última saída de convivencia pola beira do río Mero. Neste caso tocoulle a quenda a 1º da ESO C que desfrutou da andaina e dos xogos que organizou Zeltia no campo de fútbol Dani Mallo.
Etiquetas: actividades, convivencia, excursión, saída
Etiquetas: actividades, convivencia
"Premio Arcoíris do Ministerio de Igualdade á Asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+"
Publicado por Convivencia e Mediación en 10:58O 28 de xuño, Día do orgullo LGBTI, representantes da Asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+, da que persoal docente do IES David Buján forma parte, recolleu o premio Arcoíris que concede o Ministerio de Igualdade. Desta maneira recoñécese o labor pioneiro que se está a levar en Galicia en prol da igualdade, para evitar que se produza ningún tipo de discriminación.
Etiquetas: convivencia, diversidade, igualdade, LGBT
Ari, de 1º de Bacharelato, rematou a quenda das charlas para o alumnado de 1º da ESO sobre acoso escolar. Con éxito, profesionalidade e o sentimento sincero desde o que fala sempre.
Etiquetas: acoso
Cristina Palacios, da Asociación Arelas (Asociación de familias de menores Trans), está a impartir neste mes de maio unhas charlas sobre diversidade afectivo-sexual e principais formas de LGTBIfóbia para o alumnado de 2º da ESO, nas tardes do luns. Xa tiveron a oportunidade de escoitala os grupos 2º C e 2º A. O vindeiro luns tócalle a 2º B.
Os venres temos obradoiro de música Heavy a cargo de Javier Martínez, de 2º C da ESO, na Aula de Convivencia. Grazas a que é todo un especialista no tema, repasamos as orixes, os xéneros, grupos, características e mesmo anécdotas moi divertidas.
Etiquetas: actividades, alumnado, convivencia, heavy, inclusión, música