A tortura de Carmen

Visita ao IES Fin do Camiño de Fisterra


Déixovos esta visita ao IES Fin do Camiño de Fisterra, que ben o pasan...dáme envexa.

Pasaporte Solidario



Acabamos de enviar a Santiago os nosos Pasaportes solidarios. Temos que agradecerlle a Cristóbal Ramírez, xornalista e impulsor desta iniciativa, a súa colaboración e amabilidade.
Gustounos moito participar nesta proposta da Consellería de Traballo e Benestar.  Permitiunos recoller diversas actividades solidarias nun documento cunha presentación moi coidada e, o que é máis importante, cun obxectivo fundamental neste tempo que vivimos: promover a solidariedade e o compromiso social.
Parabéns a todas as persoas participantes!

CIBERACOSO

E grazas a Marta Diz e o seu blog, isto sobre o ciberacoso:




E un artigo sobre acoso entre iguais e ciberacoso, na revista Convives:


Recursos humanos

Bailas?


O 14 de febreiro celebramos o día dos namorados dunha forma diferente. Sumámonos á convocatoria internacional One Billion Rising. O alumnado de 3º de ESO bailou contra a violencia machista.
Ademais fixemos unha tradución ao galego do texto orixinal da canción Break the chain, que podedes ver nos subtítulos deste vídeo.

Rede de Centros Solidarios


O 7 de febreiro visitounos Ramón Molina, coordinador de Arelar Xestión. Veu presentarnos o proxecto da Rede de Centros Solidarios, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Este proxecto, do cal formamos parte, rematará coa elaboración dunha micromovie. Deixamos constancia da nosa participación wiki do proxecto.