BRIGADA ECOLÓXICA

Vólvese a activar a Brigada Ecolóxica nos segundos recreos dos venres. Alumando voluntario de 1º e de 3º da ESO xa comezou co seu labor de recollida de lixo e concienciación sobre a conveniencia de ter o espazo escolar limpo e en bo estado. Ademais das motivacións relacionadas coa hixiene, tamén se atopan as ecolóxicas. Moito do refugallo é plástico ou outro tipo de materiais que tardan moito tempo en degradarse. Con esta actividade pretendemos coidar o noso centro e tamén o planeta.





CHARLA "A REALIDADE MIGRANTE" DE ÓSCAR PALLEIRO (ONGs PROEMAID E RODEIRAS XUNTAS POR MARROCOS)

O luns 7 de febreiro tivemos unha charla con Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor en dúas ONGs, Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (92€) no I Mercado Solidario que se organizou desde o Departamento de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º da ESO, e que tamén se encadraba no marco dos 21 Días en galego. O outro 50% do recadado (92€), foi depositado na Secretaría do centro como fondos destinados á excursión de fin de curso de 4º ESO. 
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración neste I Mercado Solidario do IES David Buján.





Rebaixas de xaneiro

Co fin de liquidar os artigos que quedaron sen vender no Mercado solidario de Nadal, o venres 14 de xaneiro comezamos coas rebaixas. Todo ao 50%!






Inauguración do Mercado solidario de Nadal

O próximo luns 20 de decembro ás 10:10h. terá lugar a apertura do Mercado Solidario de Nadal 2021. Esperámosvos!

(Atención: segue aberto o prazo de entrega de artigos)









Obradoiro na Aula de Convivencia

Desde hai un mes comezamos de novo co obradoiro de cubo de Rubik, a cargo de Sofía, de 4º da ESO. Repetimos experiencia despois de comprobar o ano pasado o bo facer de Sofía como profesora.



Mercado solidario Nadal 2021



Mercado solidario Nadal 2021

IES David Buján

Xustificación

Recollida de artigos:

do 9 ao 15 de decembro


Procedemento de participación:

25 N

A semana pasada sumámonos aos actos relacionados co 25N, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. As rapazas de 3º B da ESO leron un manifesto no segundo recreo onde se denunciaban algunhas das violencias sufridas. Por outra banda, os corredores do centro volvéronse tinguir de negro para apoiar o rexeitamento do machismo. Ese mesmo día proxectouse o resultado final do "Reto Manequín", proxecto impulsado polo Equipo de Dinamización da Lingua coa colaboración de Convivencia. Aquí podedes ver o resultado (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdavidbujan/node/2063).