Vítor Rodrigues Franco gaña o concurso "É logo?"

Xa temos gañador do concurso "É logo" organizado por Orientación e a Equipa de Convivencia: Vítor Rodrigues Franco de 2º da ESO C. Tratábase de premiar o mellor deseño de logos de temática inclusiva ou que tivese que ver coa saúde para imprimilas en máscaras. Neste caso escoullese apostar pola diversidade. Parabéns ao gañador.





Charlas da Asociación Arelas

Cristina Palacios, da Asociación Arelas (Asociación de familias de menores Trans), está a impartir neste mes de maio unhas charlas sobre diversidade afectivo-sexual e principais formas de LGTBIfóbia para o alumnado de 2º da ESO, nas tardes do luns. Xa tiveron a oportunidade de escoitala os grupos 2º C e 2º A. O vindeiro luns tócalle a 2º B.






OBRADOIRO DE MÚSICA HEAVY

Os venres temos obradoiro de música Heavy a cargo de Javier Martínez, de 2º C da ESO, na Aula de Convivencia. Grazas a que é todo un especialista no tema, repasamos as orixes, os xéneros, grupos, características e mesmo anécdotas moi divertidas.







 PÁXINA WEB DA REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTQI+ DE GALICIA

Despois dun ano de vida, a Rede Educativa de Apoio LGBTQI+ de Galicia, da que tamén formamos parte, xa ten páxina web. Un paso máis cara a igualdade, dentro dos centros de ensino, pero tamén fóra.


Charla sobre acoso escolar

Ari Díaz, alumna de 1º de Bacharelato, deu unhas charlas nas aulas de 2º da ESO sobre o acoso escolar e sobre a posibilidade de afrontar a situación pedindo axuda no centro. Tanto a presentación dixital, como a xenerosidade coa que Ari compartiu a súa experiencia e o ben que se expresou, sen dúbida servirá de moito. Grazas!





Obradoiro de cubo de rubik

Todos os xoves no recreo, Sofía Díaz de 3ºC encárgase de levar o obradoiro de cubos de rubik na Aula de Convivencia, pensado principalmente para o alumnado de 1º de ESO. Co seu bo facer e ilusión xa estamos avanzando moito.






Os bombóns de Pilar

A semana pasada tivemos unha sorpresa marabillosa. Pilar Tobar tróuxonos un montón de bombóns recheos de cariño. Grazas polo detalle e polos sabores que nos regalaches.