Desde a semana pasada contamos cun graffiti da autoría de Aiser en honor a Xoán Díaz. Desta maneira, a súa lembranza grava tamén os muros do noso centro. Os nosos recordos transpórtanse en mensaxe de cores dentro da súa botella.
Charla sobre diversidade sexual e de xénero en 1º da ESO
Publicado por Convivencia e Mediación en 23:51Esta semana completouse o ciclo de charlas iniciadas a finais de marzo sobre Diversidade Sexual e de Xénero. Neste caso os grupos que recibiron a formación foron os de 1º da ESO. Queremos agradecer desde o Equipo de Convivencia a implicación das persoas que impartiron as charlas, que engadiron un esforzo máis aos seus estudos de 2º de Bacharelato con tanta entrega e tan bos resultados.
Etiquetas: convivencia, diversidade, LGBT
Na última semana de marzo, alumnado de 2º de Bacharelato impartiu unha charla sobre Diversidade Sexual e de Xénero nas aulas de 1º de Bacharelato. A rigorosidade co que foron tratados os temas tivo unha boa acollida entre o alumnado de 1º que se amosou moi participativo.
Etiquetas: alumnado, campaña, exposición, igualdade, LGBT
Nos últimos quince días estivo exposta no centro a mostra "Valentes" cedida por Amnistía Internacional. A través dela o alumnado da ESO coñeceu as condicións das mulleres en diferentes lugares do mundo, así como algunhas representantes máis destacadas da loita pola igualdade.
Etiquetas: feminismo, igualdade, solidariedade, voluntariado
Nos arredores do día 8 de marzo desenvolvéronse varias actividades relacionadas co Día da Muller. A Federación de Asociacións de Mulleres rurais de Galicia (Fademur) en colaboración coa Deputación da Coruña, dentro do programa de Promoción de Valores en Igualdade, tivo un encontro co alumnado da ESO. O 15 de marzo tivo lugar o obradoiro "Os mitos do amor romántico e a Violencia de Xénero" no que participou 1º e 2º da ESO, mentres que o 12 de febreiro fíxose o obradoiro "Imaxes, influencers, Pornografía e Violencia de Xénero" para 3º e 4º. Con estas actividades preténdese desde Convivencia, Orientación, Titorías e Vicedirección traballar a prol da igualdade.
Etiquetas: 8 de marzo
Xa está plenamente activa a Brigada ecolóxica formada por alumnado voluntario. Este grupo encárgase unha vez á semana e durante o recreo de garantizar a limpeza do patio e os arredores do instituto. Ademais, coa súa acción xenerosa contribúen a preservar o medio natural, xa que evitan a presenza de plásticos e outro tipo de envases. Grazas!!!!
Etiquetas: convivencia
Encontro con Moncho do Orzán sobre "Descolonização digital"
Publicado por Convivencia e Mediación en 22:27Ramón Palleiro Rodríguez, Moncho do Orzán, licenciado en Telecomunicacións, á parte de músico, ensaísta e divulgador, impartiu en streaming unha palestra co título "Descolonização digital". Nela convidábase a reflexionar sobre os retos que nos propoñen as novas tecnoloxías, tanto no que se refire ao medioambiente, a seguridade, á construción das identidades colectivas e persoais, ás desigualdades económicas ou ao control da información. O encontro encádrase dentro da programación de Filosofía de 1º e 2º de Bacharelato, en colaboración con Convivencia e o Equipo de Dinaimización da Lingua.



































