Etiquetas: actividades, alumnado, reciclaxe
CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E DEBUXO ARTÍSTICO SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL
Publicado por Convivencia e Mediación en 23:25A asociación ARELAS convoca a primeira edición cun concurso de ilustración e debuxo sobre a diversidade sexual, de familias e contra a LGBT-fobia. Entre todXs iremos facendo un camiño máis xusto e máis libre, ilustrado coas estampas da igualdade. Aquí tedes toda a información. Animádevos a participar!
Etiquetas: LGBT
No final do trimestre estivo exposta no centro a mostra "O mundo máxico de Antón". Para alén de gozar dos deseños, imaxinativos, coloridos e dinámicos, traballouse o contido da diversidade, en xeral, e do TEA, en particular, nas aulas de 1º e 2º da ESO. O alumnado coñeceu mellor a Antón e escribiulle cartas que lle serán entregadas en breve. Aquí vos queda unha canción de Pablo Díaz que ten como protagonista a Antón, fotos da mostra e unha ligazón que permitirá achegarnos máis ao seu mundo máxico.
Máis sobre o mundo máxico de Antón nesta ligazón
Etiquetas: alumnado
Etiquetas: 25N
Xa comezaron os obradoiros na aula de convivencia durante os recreos da ESO. Mantendo a distancia, cun aforo limitado, ventilación e tomando todas as medidas de seguridade necesarias é posible contar con estes recreos dinámicos. Nicolás de 4º de ESO está a impartir un obradoiro de origami e Víctor, de 2º, un de debuxo. Axiña se iniciarán máis. Estade atentXs :-)
Etiquetas: actividades, alumnado, aula, convivencia, debuxo, origami
Etiquetas: convivencia, excursión, saída
Etiquetas: convivencia, Ervas Bravas, feminismo, igualdade

















