Etiquetas: formación, profesorado, TDAH
O xoves 15 de novembro, no salón de actos, vimos e comentamos o vídeo Mediación Escolar realizado polo equipo de mediación do IES Justo Millán de Hellín, Albacete.
Ola, como este venres conmemoramos o día internacional para a tolerancia, a Pilar ocorréuselle buscar unha curtametraxe para refrescar estes temas que xa vimos traballando doutras formas. Despois de buscar foi Pilar a que atopou unha curta superchula, cando a vin pensei que ía da pobreza porque se desenvolve en Senegal.
Non, non vai da pobreza.
Ben, si vai da pobreza.
Podedes poñerlle a curtametraxe, que dura vinte minutos e realizar cos alumnos/as algunha das propostas para a aula que a organización enrédate, de UNICEF, plantexan.
Esperamos que o pasedes ben.
O xoves 25 de outubro, no segundo recreo, reunímonos os membros do grupo de convivencia-mediación para realizar a primeira sesión de formación. Vimos o vídeo do profesor Juan Carlos Torrego que acompaña a esta entrada e falamos sobre as distintas fases da mediación.
Etiquetas: alumnado, formación, profesorado, vídeo
Se recibes mensaxes ofensivas no teu perfil, no teu móbil ou mentres utilizas videoxogos, considera os seguintes consellos:
- Non contestes.
- Garda a mensaxe.
- Cóntallo a alguén en quen confíes.
- Bloquea o remitente.
- Denuncia o problema a quen poida facer algo ao respecto.
- Respecta aos demais e respectate a ti mesmo.
Máis información en internet sin acoso.
Etiquetas: acoso, ciberacoso, ciberbullying
Imaxes do Instituto e do recinto escolar para a campaña "X unha aula + limpa".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









