O grupo vigués Os Resentidos volve sacar traballo musical. O primeiro videoclip, "Nautilus", conta cunha estupenda sorpresa. As ilustracións están feitas por Antón Romero, o artista de catorce anos do que tivemos ata hai pouco no centro a exposición "O mundo máxico de Antón". Os debuxos de Antón recrean o universo mariño que lle suxire o Nautilus, o submarino que aparece na obra de Julio Verne Vinte mil leguas baixo dos mares. Tal e como figura na novela, o Nautilus estivo pola ría de Vigo. Velaquí tedes a canción e os debuxos hipnóticos de Antón:
O MUNDO MÁXICO DE ANTÓN NO ÚLTIMO VÍDEO DOS RESENTIDOS
Publicado por Convivencia e Mediación en 21:39Etiquetas: alumnado
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Déixanos o teu comentario