Hoxe, Día Internacional da Paz, de 12:10 a 12:30, realizouse a presentación da actividade das Pedaladas Solidarias. Consiste en que o alumnado que queira terá que buscar unha serie de patrocinadores para que lles paguen un diñeiro por cada quilómetro percorrido nas bicicletas estáticas que hai dispoñibles. E ao final, os cartos obtidos, van ir para a ONG Proactiva Open Arms. Nesta ONG fan un traballo moi importante, xa que están en Lesbos para axudar ás persoas refuxiadas que teñen que saír dos seus países por causa da guerra e as malas condicións de vida.
O que fixemos hoxe consistiu en que o alumnado e o profesorado do instituto reunímonos na entrada, que estaba preparada cun portátil con webcam, un proxector e un equipo de son. Comezou polo discurso que preparou unha alumna de 2º de bacharelato, Ana Rascado, acerca das persoas refuxiadas e logo fíxose unha videochamada por Skype con dúas persoas da ONG que actualmente se atopan en Lesbos. Explicaron moi ben o seu traballo e responderon a unha serie de preguntas. A videochamada finalizou cun grande aplauso. E para rematar, as autoridades asistentes deron as primeiras pedaladas.
Esperamos que moitos alumnos e alumnas se animen e que poidamos enviar unha gran axuda. É fundamental axudar ás persoas que o necesitan para poder ir construíndo un mundo mellor e libre de inxustiza.
@MartaAnonymous
Déixanos o teu comentario