Etiquetas: alumnado, violencia de xénero
Unha historia moi interesante foi que un dos alumnos que asistiron a un taller similar impartido por el sufría bullying por parte dalgúns compañeiros da clase. Entón comezou a rimar e cada vez que alguén facía un comentario despectivo e pouco orixinal cara el, respondía con rimas e deixábaos sen fala. Finalmente rematou cunha improvisación moi boa e convidando aos que quixesen a subir con el e a tentar rimar algo sinxelo. Animáronse Ángel e Christian, estaban nerviosos, pero fixérono ben.
En resumo, foi un obradoiro moi interesante e no que se aprendeu moito. Oxalá se sigan facendo actividades así de boas para todo.o alumnado!
Etiquetas: alumnado, violencia de xénero
Entre o luns, 21 de novembro, e o venres, 25 de novembro, no IES David Buján vanse desenvolver as seguintes actividades:
- Durante a semana, todo o alumnado está convidado a encher o Taboleiro homenaxe ás mulleres vítimas do maltrato. Os rapaces e rapazas do Centro poderán traer unha flor natural á que se lle engadirá unha tarxeta cunha mensaxe de apoio a unha destas mulleres.
- Desde o luns, a música nas diferentes linguas estará presente nos períodos de lecer. Trátase de reflexionar sobre as mensaxes contidas nas cancións.
- O luns –entre as 16:45 e as 18:10- o alumnado de 3º da ESO participará nun Obradoiro de Rap sobre igualdade impartido por Diego Calatayud. A idea é compoñer un rap de denuncia desta forma de violencia.
- Desde Normalización Lingüística vaise promover unha recreación visual do poema "Baldosas" de Carlos Negro. Estará instalada toda a semana no vestíbulo do centro.
- Ao longo da semana o alumnado de 3º de PMAR realizará a gravación dunha curta sobre violencia machista, con guión de Yanira Gabarri.
- O venres 25 de novembro, durante o primeiro recreo, proxectarase o lipdub sobre igualdade, organizado polos Servizos Sociais do Concello co alumnado de 2º de ESO. Durante o segundo recreo un grupo de rapaces e rapazas de 1º Bach. plasmarán unha interpretación particular dun tableau vivant, neste caso non tomarán como modelo un cadro senón unha situación de violencia de xénero. O mesmo día, para o alumnado do grupo de Convivencia e Mediación a ONG Ecos do Sur fará a presentación da súa campaña “Poder para transformar a súa vida”. Trátase dunha campaña de crowdfunding para axudar a 30 mulleres sobreviventes da violencia de xénero.
Etiquetas: actividades, alumnado, violencia de xénero
Etiquetas: alumnado, familias, profesorado
Etiquetas: actividades, alumnado, profesorado, voluntariado
Etiquetas: alumnado, RCES, voluntariado
O vindeiro 20 de maio terá lugar no edificio do CIS Galicia en Ferrol
o Congreso Galego de Voluntariado que levará por título “Construímos?”,o noso alumnado estrea o teatro foro sobre ciberacoso ¡Que nervios!: Gloria, Pedro, Manuel, Salomé, Rita, Emilio, Noa, Graciela, Noemí, Sara...Moita sorte coa estrea.
Etiquetas: actividades, alumnado, ciberbullying, voluntariado
O alumnado colaborador do instituto mantivo, até o momento, tres reunións co traballador social do concello para achegalo e formalo no seu labor de transmisores de actividades xuvenís e de voluntariado.
A primeira reunión foi unha visita ao concello onde foron recibidos/as polo alcalde quen lles presentou a App Applíkate e convidounos a asistir á presentación oficial o seguinte sábado, fóra de horario lectivo. O interese dos rapaces e rapazas foi tal que corresponderon acudindo á cita. Posteriormente achegáronse á OMIX para coñecer de primeira man as instalacións e as actividades que se están a levar a cabo.
|
|
Etiquetas: alumnado, voluntariado
Etiquetas: alumnado, pasaporte solidario, voluntariado
pedalando pola paz |
Tras o éxito acadado, puxémonos en contacto co embaixador galego de boa vontade de ACNUR, Jesús Vázquez, para presentar esta iniciativa e cómpre dicir que ao pouco recibimos unha postal na que mostraba o seu agradecemento e apoio a todo o alumnado implicado nesta actividade.
Esta iniciativa foi presentada á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nunha visita ao noso centro con motivo dun outro programa de Pasaportes solidarios. Achegámoslle as nosas propostas e a intención de continuar con este proxecto nos seguintes anos e facelo extensivo a outros centros e lugares do concello de Cambre.
Etiquetas: actividades, alumnado, campaña, voluntariado