Déixovos esta visita ao IES Fin do Camiño de Fisterra, que ben o pasan...dáme envexa.
Etiquetas: convivencia, vídeo
Acabamos de enviar a Santiago os nosos Pasaportes solidarios. Temos que agradecerlle a Cristóbal Ramírez, xornalista e impulsor desta iniciativa, a súa colaboración e amabilidade.
Gustounos moito participar nesta proposta da Consellería de Traballo e Benestar. Permitiunos recoller diversas actividades solidarias nun documento cunha presentación moi coidada e, o que é máis importante, cun obxectivo fundamental neste tempo que vivimos: promover a solidariedade e o compromiso social.
Parabéns a todas as persoas participantes!
Etiquetas: alumnado, pasaporte solidario
E grazas a Marta Diz e o seu blog, isto sobre o ciberacoso:
E un artigo sobre acoso entre iguais e ciberacoso, na revista Convives:
Etiquetas: alumnado, ciberacoso, vídeo
Etiquetas: 8 de marzo, alumnado, vídeo
O 14 de febreiro celebramos o día dos namorados dunha forma diferente. Sumámonos á convocatoria internacional One Billion Rising. O alumnado de 3º de ESO bailou contra a violencia machista.
Ademais fixemos unha tradución ao galego do texto orixinal da canción Break the chain, que podedes ver nos subtítulos deste vídeo.
Etiquetas: alumnado, campaña, vídeo, violencia de xénero
O 7 de febreiro visitounos Ramón Molina, coordinador de Arelar Xestión. Veu presentarnos o proxecto da Rede de Centros Solidarios, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Este proxecto, do cal formamos parte, rematará coa elaboración dunha micromovie. Deixamos constancia da nosa participación wiki do proxecto.
O próximo 14 de febreiro as parlamentarias europeas propoñen que protestemos contra a vilolencia machista bailando esta coreografía.
Para participar:
- Aprende a canción e a coreografía.
- Difunde a iniciativa por correo electrónico e nas redes sociais.
- Realiza ensaios con amigas e amigos , familiares, compas...
Máis información sobre o evento.
Etiquetas: alumnado, campaña, violencia de xénero
Javier Zas (3º B) propón que escoitemos con atención este rap
Etiquetas: alumnado, día da paz, vídeo

Esta é unha foto quizá de fai un tempo.
Juan Vaello creo que na actualidade está xubilado, foi orientador,
profesor de psicoloxía na universidade, director dun IES de Benidorm, inspector
de educación e escritor.
Publicou libros que xa son moi famosos, teremos que pedirlle un autógrafo.
Procesando vídeo...
libro 2.jpg
Etiquetas: alumnado, campaña, convivencia, día da paz, integración, Orientación, Tolerancia
Etiquetas: alumnado, día da paz, familias, profesorado, vídeo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)