Xa hai varias semanas que se puxo en marcha a brigada ecolóxica do curso 2023 - 2024. Todos os mércores, no segundo recreo, estudantes e profesores voluntarios, coordinados polo equipo de Convivencia, póñense os EPI e collen os útiles que lles permiten manter o recinto escolar máis limpo.
Etiquetas: brigada ecolóxica
Para completar as actividades do día Internacional das Persoas con Discapacidade o luns día 4 o equipo docente quiso trocar a mirada sobre a Discapacidade, apartando o Dis, e proclamando que "Todas as persoas temos capacidades diferentes".
Etiquetas: discapacidade
O domingo 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Celebrámolo colaborando coa iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" de @galiciadiversa (entidades sociais de toda Galicia unidas para celebrar este día cun paraugas colorido como sinal de identidade).
Etiquetas: diversidade
A nosa Aula de Convivencia volve a estar a pleno rendemento!
Publicado por Convivencia e Mediación en 22:55Invitámosvos a que veñades nos recreos a entretervos con distintos xogos e actividades. Algúns son de cursos pasados (o xadrez ou cubos de rubik) e outros son novos ("unno", “jenga”, “cortex”, “hundir la flota”, “scrabble”, “tabú”…) Tamén podedes colorear mandalas, tocar a guitarra, ler tranquilamente ou simplemente charlar cos compañeiros, compañeiras e profes. Pronto empezarán os recreos dinámicos con novas actividades. Vémonos alí!
Etiquetas: actividades, alumnado, convivencia
O pasado 25 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o tradicional Roteiro de Convivencia que lles dá a benvida ao David Buján. Fixemos unha pequena ruta polo río Mero e despois de comer os rapaces e rapazas participaron nuns divertidos xogos que lles tiñan preparados os monitores no campo de fútbol Dani Mallo. Unha tarde para convivir e divertirse!
Etiquetas: convivencia, coñecéndonos
Entrega do donativo correspondente aos ingresos do II Feirón Solidario de Nadal
Publicado por Convivencia e Mediación en 18:29O luns 15 de maio visitounos por 2º ano Óscar Palleiro, bombeiro en Cambre e voluntario en salvamento, que nos falou do seu labor nas dúas ONGs coas que xa colaboraba o ano pasado: Proemaid e Rodeiras xuntas por Marrocos e tamén da súa nova colaboración en Turquía con Acción Norte. Ademais de aprender e empatizar coas inxustizas que se atopan detrás da crúa realidade da migración, os desastres naturais e a pobreza, fixémoslle entrega do 50% dos ingresos recadados (101,25€) na 2ª edición do Feirón Solidario de Nadal que se organizou desde os Departamentos de Economía e Convivencia coa colaboración do alumnado de 4º ESO-B. A dito donativo, sumouse a cantidade de 11,70€ doados pola familia dunha alumna. Total: 112,95€.
Etiquetas: alumnado, donativo, familias, ONG, voluntariado