Os bombóns de Pilar

A semana pasada tivemos unha sorpresa marabillosa. Pilar Tobar tróuxonos un montón de bombóns recheos de cariño. Grazas polo detalle e polos sabores que nos regalaches.




Graffiti a Xoán Díaz

Desde a semana pasada contamos cun graffiti da autoría de Aiser en honor a Xoán Díaz. Desta maneira, a súa lembranza grava tamén os muros do noso centro. Os nosos recordos transpórtanse en mensaxe de cores dentro da súa botella.






Charla sobre diversidade sexual e de xénero en 1º da ESO

Esta semana completouse o ciclo de charlas iniciadas a finais de marzo sobre Diversidade Sexual e de Xénero. Neste caso os grupos que recibiron a formación foron os de 1º da ESO. Queremos agradecer desde o Equipo de Convivencia a implicación das persoas que impartiron as charlas, que engadiron un esforzo máis aos seus estudos de 2º de Bacharelato con tanta entrega e tan bos resultados.






Charla sobre diversidade sexual e de xénero

Na última semana de marzo, alumnado de 2º de Bacharelato impartiu unha charla sobre Diversidade Sexual e de Xénero nas aulas de 1º de Bacharelato. A rigorosidade co que foron tratados os temas tivo unha boa acollida entre o alumnado de 1º que se amosou moi participativo.