Aquí estamos co noso Pasaporte Solidario!
Para animarnos no noso labor de voluntariado visitounos Cecilia Vázquez Suárez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Levamos unha alegría ao seleccionaren o noso instituto para facer a presentación do programa do Pasaporte Solidario. Moitas grazas!
Etiquetas: alumnado, pasaporte solidario, voluntariado
![]() | ||||||
pedalando pola paz |

Tras o éxito acadado, puxémonos en contacto co embaixador galego de boa vontade de ACNUR, Jesús Vázquez, para presentar esta iniciativa e cómpre dicir que ao pouco recibimos unha postal na que mostraba o seu agradecemento e apoio a todo o alumnado implicado nesta actividade.
Esta iniciativa foi presentada á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nunha visita ao noso centro con motivo dun outro programa de Pasaportes solidarios. Achegámoslle as nosas propostas e a intención de continuar con este proxecto nos seguintes anos e facelo extensivo a outros centros e lugares do concello de Cambre.
Etiquetas: actividades, alumnado, campaña, voluntariado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)